Hey! Avatar de Snob Megalove Snob Megalove está poniendo vídeos en Unvlog.com

Si te gusta lo que ves, date de alta y empieza a poner vídeos en un minuto

A Obsesión Xaponesa co Riquiñismo

"No Xapón TODO é riquiño, kawai! Os xaponeses teñen unha obsesión co riquiñismo.
Non has atopar unha moza xaponesa que non teña un bolso cunha chea de colgantes e abalorios pendurados.
- Uauh! Moitos bonecos, eh? Oh! Esto é o teu mobil! Meu deus!
Fan todos os envoltorios riquiños, mesmo os do insecticida!
- Tentan sacalos a todos riquiños, pero ao tempo, MORTOS. Estes paquetes teñen algo que me fai moita coña... Mira para estes, A MORRER!
Fan as cousas riquiñas mesmo cando desde unha perspectiva occidental non sería apropiado en absoluto, coma os documentos gubernamentais. Logo, a grande pregunta é POR QUE? Por que está Xapón obsesionado co mundo kawaii? Eu vouvos dar a resposta, porque son a señorita Hannah Minx.
*Bueno, en realidade iso ía levar moito tempo*
*Pero aí vai unha vaga correlación*
A resposta está na súa historia cultural, no Xintoísmo. O Xintoísmo non é tanto unha relixión como as ideas compartidas colectivamente sobre o que é "sagrado" na nación xaponesa desde tempos antergos. O Xintoísmo mételle un espírito dentro a cada cousa, como as pedras, as árbores, e as fervenzas e os montes. E Xapón é o mestre en integrar o vello co novo, así que hoxe métenlle un espírito a todo tamén.
- E agora dalgún xeito lle diches unha alma. É unha caixa para o xantar, pero agora é unha cousiña riquiña!
Póñenlle unha cara a cada cousa. Coma cando vas no Shinkansen, o tren bala xaponés, e colles unha pequena caixa bento para xantar. Na caixa bento haberá un personaxe riquiño do tren, todo sorrinte, e feliz, e riquiño. Por iso Xapón é o máis riquiño que hai."