Hey! Snob Megalove' avatar Snob Megalove is posting videos on Unvlog.com

If you like it, sign up and start posting videos in a minute

(Falso) Tom Waits - Innocent When You Dream (Non Exactamente)

"Se Michael Jackson quere traballar para Pepsi, por que non lle poñen un traxe e unha oficina na central e listo?".

Tom Waits non permite, por principios, que a súa música soe en campañas publicitarias. Máis dunha vez se ten metido en loitas xudiciais contra grandes empresas (e recibido importantes sumas en concepto de compensacións) por empregaren as súas cancións sen ter consentimento.

No ano 2000, Waits rexeitou unha oferta de Audi para incluír o seu clásico "Innocent When You Dream" nun anuncio do A4. A multinacional decidiu seguir adiante co proxecto, pero cun imitador de Tom Waits interpretando unha peza case idéntica á orixinal.

Saíulles furada: Tom Waits demandou, era visto, e rabuñoulles "moitos miles de euros" a Wolkswagen-Audi e a produtora do anuncio, Tandem Company Guash.

Velaí o plaxio vergoñento argallado pola corporación.