Hey!
Snob Megalove está poniendo vídeos en Unvlog.com
Si te gusta lo que ves, date de alta y empieza a poner vídeos en un minuto
Vestal Goodman & Johnny Cook - Looking for a City
Cada certo tempo volvo ver este video dos Happy Goodmans e sempre me deixa cun sorriso na cara. Non só polas abraiantes demostracións de habilidade vocal; tamén por eses peiteados imposibles, a atmosfera tan Las Vegas, e a ledicia contaxiosa da boa música gospel. Isto é, máis ou menos, o que din ao principio do video:
"- A xente quere saber se Johnny da cantado máis alto que Vestal. Hai un tipo aí atrás que cree que serás quen, John! Direivos o que imos facer, imos facer un partido de tenis entre os dous. Nesta esquina, cun peso de 61 quilos, está o noso tenor, Johnny Cook! Un aplauso! E nestoutra esquina, cun peso de...
- Non o irás dicir!
- Cun peso de... Imos cantar unha vella canción, e... mira Vestal, se non che está alta abondo, xíraste para aquí para Ed e os rapaces, e dis que cha suban. Johnny, se pensas que non está alta abondo, fillo...
- Téñoche unha bandeira branca aquí, para que a ergas cando queiras!
- E o que tire a toalla, o primeiro que saque a bandeira branca, é o perdedor. Quedou claro? Esta vella canción chámase Looking for a City!"
E para saber quen gaña teredes que ver o video!
Regístrate para añadir tu comentario
(o entra si ya estás registrado).



































