Hey! Snob Megalove' avatar Snob Megalove is posting videos on Unvlog.com

If you like it, sign up and start posting videos in a minute

Greta y Los Garbo - ¡Menuda Fiesta!

Desculpade a mala calidade do video, e que me poña entre nostálxico e flipado. Con Greta y Los Garbo, nada menos. Ten collóns a cousa. Pero este é o meu puto unvlog, así que fago o que me peta.

De neno escoitei esta canción na radio durante unha viaxe en coche e me quedou gravada. Nin sabía quen a cantaba, nunca tiven o disco, pero a melodía ficou comigo para sempre.

Tardei moitos anos en volver a atopala, e descubrir que se trataba dunha versión de "The Happening", que fora un dos moitos clasicazos da Motown compostos polos Holland–Dozier–Holland, e o derradeiro single das Supremes orixinais (Flo Ballard, Mary Wilson e Diana Ross).

De feito, o primeiro disco de Greta y Los Garbo era todo versións plastificadas en castelán de éxitos do soul e o pop dos 50-60: Supremes, Shirelles, Turtles, Jackson Five...

O que me leva a reflexionar sobre tres cousas:

1- O soul e o rocanrol máis poderosos superan traducións, traicións e plastificacións. E a música definitiva, e por iso vai vivir POR SEMPRE e punto.

2- A música española tivo en tempos o molante e algo pícaro costume de adaptar clásicos de fora que foran descoñecidos para o público daquí. Penso nesta, no "Jardín de Rosas" de Duncan Dhu (Lynn Anderson - Rose Garden), "El Hombre de Negro" de Loquillo (Johnny Cash - Man in Black), "El Hombre del Piano" de Ana Belén (Billy Joel - Piano Man)... Seguro que hai máis, botádeme unha man!

3- Greta y Los Garbo nos seus comezos eran case case MODS. :D