Hey! Shakesphobic' avatar Shakesphobic is posting videos on Unvlog.com

If you like it, sign up and start posting videos in a minute

Entrevista con Michael Haneke (VOSE): Parte 1/2

Déixovo-la primeira parte dunha entrevista con Haneke sobre Funny Games (1997). Está en francés mais subtitulada ó castelán.

Coma a inmensa maioría, a versión á que tiven acceso hai un par de anos non foi a orixinal aquí referenciada, senón o remake do 2007, que el mesmo fixo. Teño entendido que é un calco absoluto da primeira, coa única diferencia dos actores (hollywoodienses, claro) e a lingua de rodaxe.

Un día destos bótolle un ollo e fórmome unha opinión, pero agora mesmo tírame dun pé. O importante aquí é qué nos quere o austríaco. Pois non pretende outra cousa que responder a dúas das preguntas máis formuladas hoxe en día: ¿É o cine culpable do consumo frívolo de violencia?, e ¿non sómo-los espectadores cómplices deste mercado?

Como vemos na segunda parte da entrevista, a resposta non nos deixa en moi bo lugar... Pero iso é algo que xa sabiamos, ¿non?